xoves, 27 de outubro de 2016

O misterio do triangulo das 

o misterio do triangulo das bermudas
bermudas ¿ resolto ?


Desde finais da II Guerra Mundial, a lenda do Triángulo das Bermudas creceu de forma asombrosa, aínda que nos últimos anos había empezado a decaer. Todo comezou coa extraña desaparición dunha escuadrilla de avións estadounidenses. Desde entón, reportáronse varias decenas de casos similares sucedidos a barcos e avións.
Baraxáronse numerosas hipóteses para aclarar aqueles sucesos, ainda que os amantes do misterio atribúenlle ditos feitos a intervención de seres extraterrestres, ou a existencia de hipotéticas portas interdimensionais.
Pero un equipo de investigadores dos fenómenos climáticos da Universidade de Arizona, creen haber dado coa posible solución ao misterio. Os científicos descubriron a existencia nesa área dunhas formacións hexagonais de nubes moi pouco habituais nesa zona do planeta.
Según os investigadores, ese tipo de nubes actúan como auténticas "bombas de aire", provocando ráfagas de vento similares as dun huracán, as cales poderían derribar un avión e hundir un barco.
¿Será esta finalmente a causa das desaparicións nesa zona? Ou, tal vez, ¿débanse a suma de moitas causas e as nubes hexagonais solo sexan unha delas?



Ningún comentario:

Publicar un comentario